Ríos de merda a orillas do Sar


O xardín
Nun paseo biciclista na primavera do 2009 ata o cruce do rego de Roxos e o río Sar.

Alí onde se xuntan os dous rios hai unhas ruínas dunha antiga fábrica ¿...? e un lugar fermoso ao que se accede polo camiño vello no que aínda se ven algunhas das laxas e as pedras que delimitan a cuneta.
A sorpresa está ao final do percorrido, cando empezas a escoitar o ruído da auga que cae en pequena cascada entre pedras, e logo dun camiño entre silvas, descobres onde se xuntan os dous ríos. 
A dereita o río de Roxos baixa limpo e o entorno cheira a fresco e humidade, a dereita o río Sar mais caudaloso baixa cheo de merda, creando escume no que se arremuíñan infinitos mosquitos e o cheiro e difícil de explicar escribindo.


Este vídeo cólgase agora pasados case catro anos porque na derradeira visita, fai quince días, todo segue igual, merda a canón polo río abaixo camiño da ría de Arousa. Iso demostra que a depuradora non funciona, que está aí como a Cidade da Cultura para cumprir con algún expediente, como que temos algo, e a cobrar taxas aos cidadáns.

Comentarios