OS SEÑORES DO VENTO (Xurxo Chirro 2008)

Eles patentaron un sistema para dominar ao vento... Dirixiron centos de botellas desafiando ao ceo... Mais como as botellas a vida tamén da voltas... Cada vez queden menos... Eles son... Os señores do vento. Unha auténtica instalación de Land Art que non ten nada que invidiar á "Espiral" de Smithson.

Esta curtametraxe nunca a vira, non tiña coñecemento da súa existencia e atopeime con esta ¡maaaaravillosa! testemuña de ARTE CUNETEIR@ grazas ao meu amigo Fran, cabesa que non para e cuneteiro aventaxado, ademais de ser o corazón do blog ROTEIROS GALEGOS e que é quen de me axudar a buscar para o meu arquivo no seu vagar cuneteiro por todos os rumbos da bitácora , pezas ou composicións desta arte por unha banda tan universal e pola outra tan arraigada no noso pobo, polas cunetas da nosa Galicia.
Isto é auténtica arte cuneteira ¿non sí? pregunta intersado Fran, amosándome o vídeo no seu móvil. 
¡por suposto amigo! non hai mais que cinguirse a teoría e a definición do que é o Ditch Art... e si non o é... pois creamos unha nova tendencia cuneteira... por suposto.
O Cachurro e o José María son dous auténticos artistas cuneteiros que grazas a curtametraxe de Xurxo Chirro nos amosan o seu traballo ou actividade lúdica manifestándose e desenvolvendo un xeito de expresión artística, ou tamén o que eles fan é un xeito de enxeñería enxeñosa mediante obxetos manufacturados ¡que xa son lixo! dándolles unha segunda oportunidade, misturando un conxunto colorido e ruidoso integrado na natureza a vista de todo cristo... e ésta donas e cabaleiros é a primeira das condicións para catalogar algo como Arte Cuneteir@.

 
Canción composta polo cantautor Tino Baz en homenaxe aos Señores do vento, o Chacurro e o José María, protagonistas da curtametraxe documental "Os señores do vento", de Xurxo González. Unha composición chea de poesía e lirismo, cunha parte recitada e outra cantada e cunhas letras nas que se recuperan palabras e expreisións típicas da Guarda. Sen dúbida esta canción é a mellor das bandas sonoras para a experiencia estética e contemplativa dos Señores do vento.

Os vídeos están colgados no canal de YouTube chamado CHANFREIROS



Comentarios